Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Cualidades

As Competencias Profesionais

Imagen
Autocoñecemento e reflexión en torno ás nosas competencias profesionais No noso país unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha acreditación recoñecida da súa  cualificación profesional , o cal non quere dicir que este grupo de persoas non saiba desempeñar ningún oficio, senón que non ten recoñecida oficialmente ningún tipo de competencia profesional. Isto leva parello unha maior dificultade de inserción no mercado laboral . Exercicio de autocoñecemento Debido á importancia e gravidade desta problemática, gustaríame propoñervos un exercicio de reflexión que consiste en que durante un momento nos paremos a pensar naquilo que sabemos facer e o que verdadeiramente nos gusta facer . É dicir, trátase de que fagamos un exercicio de reflexión acerca das nosas competencias . Autoanálise e Autocoñecemento. Mirémonos a un espello Esta tarefa consiste en que fagamos primeiro unha táboa, por exemplo, nun papel, e que a dividamos en dúas columnas. ...