A miña CPA (Contorna Persoal de Aprendizaxe) ou en inglés PLE (Personal Learning Enviroment)
A miña CPA (Contorna Persoal de Aprendizaxe) ou en inglés PLE (Personal Learning Enviroment)
Que é PLE é?
É un enfoque de aprendizaxe diferente unha maneira de aprender dende unha actitude proactiva, aberta e colaborativa, para así, mellorar nos eidos profesionais que máis nos interesen.O punto diferencial do PLE e que ti mesmo en base aos teus obxectivos creas esa Contorna, escollendo:
- Os teus mestres (rede persoal de aprendizaxe)
- As túas ferramentas
- Os teus contidos (fontes de información)
Para que serve un PLE?
É un método facilitador para a reciclaxe, e o aprendizaxe para a continua evolución tanto profesional coma persoal. Ademais tamen consique creara unha rede virtual de profesionais afíns cos que compartir coñecementos (información, recursos, ideas, etc.)
Polo que tamén conseguiremos obter unha boa visibilidade na rede de nosa imaxe de marca.
Como é actualmente o meu PLE?
Antes de facer a autoavaliación pensaba que non tiña ningún, pero descubrín buceando nas ferramentas dixitais que emprego habitualmente, (navegadores e os súas barras de marcadores, redes sociais que emprego), que teño un ainda que moi rudimentario e sen uns obxectivos moi definidos.
Como podo mellorar/ampliar o meu PLE?
Unha ferramenta que me permitirá aproveitar mellor o tempo á hora da xestión das fontes habituais de consulta de información é Feedly.
Esta ferramenta é un agregador RSS que permite ver as noticias/publicacións que nos interesan nun só lugar, sin ter que visitar tódalas webs e filtrando a información que nos pareza máis relevante, xa que nos permite ler un extracto de cada unha.
Velaiquí unha imaxe de como vai o meu perfil en Feedly.
Teño máis Ferramentas?
Neste mundo dixital cheo de xigas e xigas de información que se publica e actualiza cada segundo corremos o risco de infoxicarnos, polo que resulta imprescindible atopar e resaltar os contidos que son realmente relevantes para nos, desbotando as chamadas fakenews ou fontes de información pouco contrastadas.
Para solucionar este reto podemos contar ca ferramenta Diigo que ademais de permitir gardar online tódalas direccions de nosos sitios webs favoritos mediante un sistema de etiquetas para a súa fácil localización, tamén funciona coma unha rede Social que permite compartir os nosos marcadores con información xa "curada" podendo aprender dos que outros rexistren e etiqueten como interesant.
Comentarios
Publicar un comentario