As Competencias Profesionais
Autocoñecemento e reflexión en torno ás nosas competencias profesionais
No noso país unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha
acreditación recoñecida da súa
cualificación profesional, o cal non quere dicir que este grupo de
persoas non saiba desempeñar ningún oficio, senón que non ten recoñecida
oficialmente ningún tipo de competencia profesional. Isto leva parello unha
maior dificultade de inserción no mercado laboral.
Exercicio de autocoñecemento
Debido á importancia e gravidade desta
problemática, gustaríame propoñervos un exercicio de reflexión que consiste en
que durante un momento nos paremos a pensar naquilo que sabemos facer e o que
verdadeiramente nos gusta facer. É dicir, trátase de que fagamos un exercicio
de reflexión acerca das nosas competencias.
Esta tarefa consiste
en que fagamos primeiro unha táboa, por exemplo, nun papel, e que a dividamos en
dúas columnas.
Columna 1
Na primeira columna
imos poñer todo aquilo que sabemos facer -pero non se trata de poñer
simplemente aquilo que sabemos facer a nivel profesional, senón de todas
aquelas actividades que levásemos a cabo en calquera momento das nosas vidas
(coidado de persoas maiores, nenos, coser, pintar, pescar, etc.)-.
Columna 2
Na segunda columna debemos poñer todo aquilo que nos gusta facer,
é dicir, que nos fai sentir realizados e que verdadeiramente nos motiva.
Cualidades
A continuación, imos facer outra táboa máis abaixo e nela imos
poñer todas as nosas cualidades, esa parte de nós que nos fai únicos e á que
con todo en poucas ocasións prestámoslle atención. Propóñovos algúns exemplos: iniciativa,
persistencia, motivación, compromiso, adaptabilidade, facilidade de
aprendizaxe, etc.
![]() |
| Exemplos de cualidades |
Algúns considerardes que se trata dun exercicio absurdo, pero máis adiante
iremos vendo que non é así, xa que cada persoa é única e irrepetible e para que
os demais nos valoren, profesional e persoalmente, o primeiro que debemos facer
é coñecernos moi ben a nós mesmos e as nosas cualidades para poder sacarlles o
máximo partido.
Reflexión
Unha vez teñamos as táboas terminadas gustaríame que dedicásedes uns
minutos para facer unha análise do que escribistes e que vos paredes a pensar
se ao que vos dedicades actualmente ou ao que vos dedicastes se axusta ao que
puxestes na segunda columna da primeira táboa e se non é así que pensemos o
porqué diso.
A importancias das competencias
Unha das razóns polas cales me pareceu adecuado partir desta actividade é
debido a que, como é ben sabido, a concepción do traballo para toda a vida
quedouse obsoleta.
As empresas empezan a ser conscientes de que os recursos humanos son o
activo máis importante dunha organización, e este é o motivo pola cal buscan
persoas cunha serie de calidades, que as fagan únicas e que incrementen o seu
valor estratéxico dentro do mercado laboral. Por iso hoxe en día xa non se
busca dun traballador simplemente unha titulación, senón que o que demandan as
empresas vai moito máis alá.
De nada serve que un suxeito teña moitos coñecementos se non é capaz de
aplicalos ou se non sabe traballar en grupo ou formar parte dun equipo de
traballo.
Hoxe en día o que se valora dun traballador é a súa Competencia Profesional:
o saber, o saber saber, o saber facer, o saber ser e o saber estar.
Búscase que os traballadores non só teñan os coñecementos que require o
posto laboral senón tamén que os saiban poñer en práctica, que saiban traballar con
outras persoas e que saiban comportarse.
Cambio de paradigma
Cambio de paradigma
Este cambio de paradigma supón traballar unha serie de habilidades que
antes -non é que non se tivesen en conta-, pero si é verdade que non se
prestaba tanta atención ás mesmas. Isto é debido sobre todo á nova era do
coñecemento e información que estamos a vivir. Sociedade que necesita uns
traballadores capaces de adaptarse a ela, a través dunha aprendizaxe
permanente.
Pero que ninguén perda a esperanza xa que simplemente trátase de dedicar un
pouco máis de esforzo...
Déixovos un vídeo moi interesante sobre
Competencias, titulado: ¿Qué son las competencias
del Siglo XXI?
Para saber máis:
Mapa laboral
Guías técnicas de orientación laboral
Tests de Autoevaluación de competencias laborales y preferencias profesionales
Serreri, P. (2006). El balance de competenciasy la orientación profesional: Teoría y práctica.


Nunha olla rápida paréceme moi recomendable, retomareino con calma para poder reflexionalo e desfrutalo.
ResponderEliminarMuy recomendable, has hecho un trabajo magnífico.
ResponderEliminarMuy bien enfocado Olaya, no puedo estar más de acuerdo. De hecho en mi TFG hablaba de esto, de cómo los recursos humanos se erigen como activo principal de las empresas en la consecución de ventajas competitivas.
ResponderEliminarAfortunadamente, como indicas, el mercado laboral está avanzando en esta línea y las empresas se están dando cuenta que los trabajadores pueden aportar no sólo algo tangible como es la fuerza de trabajo, sino también intangibles como son las competencias.
Enhorabuena
Me alegra mucho que os parezca interesante : ) Seguiremos trabajando sobre el tema...
ResponderEliminar