As Competencias Profesionais


Autocoñecemento e reflexión en torno ás nosas competencias profesionais

No noso país unha importante porcentaxe da poboación activa non conta cunha acreditación recoñecida da súa  cualificación profesional, o cal non quere dicir que este grupo de persoas non saiba desempeñar ningún oficio, senón que non ten recoñecida oficialmente ningún tipo de competencia profesional. Isto leva parello unha maior dificultade de inserción no mercado laboral.

Exercicio de autocoñecemento

Debido á importancia e gravidade desta problemática, gustaríame propoñervos un exercicio de reflexión que consiste en que durante un momento nos paremos a pensar naquilo que sabemos facer e o que verdadeiramente nos gusta facer. É dicir, trátase de que fagamos un exercicio de reflexión acerca das nosas competencias.

Autoanálise e Autocoñecemento. Mirémonos a un espello

Esta tarefa consiste en que fagamos primeiro unha táboa, por exemplo, nun papel, e que a dividamos en dúas columnas.

Columna 1

Na primeira columna imos poñer todo aquilo que sabemos facer -pero non se trata de poñer simplemente aquilo que sabemos facer a nivel profesional, senón de todas aquelas actividades que levásemos a cabo en calquera momento das nosas vidas (coidado de persoas maiores, nenos, coser, pintar, pescar, etc.)-.

Columna 2

Na segunda columna debemos poñer todo aquilo que nos gusta facer, é dicir, que nos fai sentir realizados e que verdadeiramente nos motiva.


Cualidades

A continuación, imos facer outra táboa máis abaixo e nela imos poñer todas as nosas cualidades, esa parte de nós que nos fai únicos e á que con todo en poucas ocasións prestámoslle atención. Propóñovos algúns exemplos: iniciativa, persistencia, motivación, compromiso, adaptabilidade, facilidade de aprendizaxe, etc.
Exemplos de cualidades

Algúns considerardes que se trata dun exercicio absurdo, pero máis adiante iremos vendo que non é así, xa que cada persoa é única e irrepetible e para que os demais nos valoren, profesional e persoalmente, o primeiro que debemos facer é coñecernos moi ben a nós mesmos e as nosas cualidades para poder sacarlles o máximo partido.

Reflexión

Unha vez teñamos as táboas terminadas gustaríame que dedicásedes uns minutos para facer unha análise do que escribistes e que vos paredes a pensar se ao que vos dedicades actualmente ou ao que vos dedicastes se axusta ao que puxestes na segunda columna da primeira táboa e se non é así que pensemos o porqué diso. 

A importancias das competencias 

Unha das razóns polas cales me pareceu adecuado partir desta actividade é debido a que, como é ben sabido, a concepción do traballo para toda a vida quedouse obsoleta.

As empresas empezan a ser conscientes de que os recursos humanos son o activo máis importante dunha organización, e este é o motivo pola cal buscan persoas cunha serie de calidades, que as fagan únicas e que incrementen o seu valor estratéxico dentro do mercado laboral. Por iso hoxe en día xa non se busca dun traballador simplemente unha titulación, senón que o que demandan as empresas vai moito máis alá.

De nada serve que un suxeito teña moitos coñecementos se non é capaz de aplicalos ou se non sabe traballar en grupo ou formar parte dun equipo de traballo.

Hoxe en día o que se valora dun traballador é a súa Competencia Profesional: o saber, o saber saber, o saber facer, o saber ser e o saber estar.

Búscase que os traballadores non só teñan os coñecementos que require o posto laboral senón tamén que os saiban poñer en práctica, que saiban traballar con outras persoas e que saiban comportarse.

Cambio de paradigma

Este cambio de paradigma supón traballar unha serie de habilidades que antes -non é que non se tivesen en conta-, pero si é verdade que non se prestaba tanta atención ás mesmas. Isto é debido sobre todo á nova era do coñecemento e información que estamos a vivir. Sociedade que necesita uns traballadores capaces de adaptarse a ela, a través dunha aprendizaxe permanente.

Pero que ninguén perda a esperanza xa que simplemente trátase de dedicar un pouco máis de esforzo...

Déixovos un vídeo moi interesante sobre Competencias, titulado: ¿Qué son las competencias del Siglo XXI?



Comentarios

  1. Nunha olla rápida paréceme moi recomendable, retomareino con calma para poder reflexionalo e desfrutalo.

    ResponderEliminar
  2. Muy recomendable, has hecho un trabajo magnífico.

    ResponderEliminar
  3. Muy bien enfocado Olaya, no puedo estar más de acuerdo. De hecho en mi TFG hablaba de esto, de cómo los recursos humanos se erigen como activo principal de las empresas en la consecución de ventajas competitivas.

    Afortunadamente, como indicas, el mercado laboral está avanzando en esta línea y las empresas se están dando cuenta que los trabajadores pueden aportar no sólo algo tangible como es la fuerza de trabajo, sino también intangibles como son las competencias.

    Enhorabuena

    ResponderEliminar
  4. Me alegra mucho que os parezca interesante : ) Seguiremos trabajando sobre el tema...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Autoestima y orientación laboral

A miña CPA (Contorna Persoal de Aprendizaxe) ou en inglés PLE (Personal Learning Enviroment)